A Escola de Música Berenguela, (homologada pola Consellería de Educación e inscrita co nº 15032111 no Rexistro de Escolas de Música) está formada por 15 profesores, unha media de 120 alumnos así como personal administrativo. Xurdeu como un proxecto vocacional común no ano 1996 no que un grupo de profesores e amigos puxemos as nosas ilusións como músicos e ensinantes. Novos profesionais do ensino e da música entraron dende enton a compartir este centro dinamizador do ensino musical en Santiago de Compostela e Galicia, pero pódese dicir que formamos hoxe en día un grupo estable con renovadas ilusións que progresivamente vaise enriquecendo non só co crecemento musical dos nosos alumnos senon tamén coa introducción de novos proxectos, novos retos e novas persoas que aportan ideas frescas a unha realidade pedagóxico-musical xa consolidada. A Escola de Música Berenguela conta actualmente con 133 alumnos con idades que van dos 3 anos en adiante, demostrando que a Música é accesible a tódalas idades. O noso obxectivo é ofrecer unha formación de calidade e suficientemente sólida, de maneira que o alumno poda acceder sen problema a ciclos superiores de ensino e á actividade profesional e así mesmo desenvolver a través da arte musical o seu potencial máis creativo. Todo isto a través de clases individualizadas e de grupo, seminarios, obradoiros, cursos, concertos, conferencias, etc.

Oferta de cursos

  • Curso de violín
  • Curso de piano
  • Curso de interpretación pianística e de orientación á preparación para grao superior

Encuéntranos

Praza de Feixóo, nº 1-1º
Santiago de Compostela, 15704 (A Coruña)